A escuridade da noite na Avenida de Santiago

A escuridade da noite na Avenida de Santiago

Outra noite máis volveu acontecer: a Avenida de Santiago estivo sen alumeado público unha noite máis. Repetidamente prodúcense estes cortes nesta rúa e, desde a Asociación de Veciños da Avenida de Santiago síntense molestos. O pasado martes 5 neste mesmo medio xa informamos deste suceso.

Preguntados sobre se lles deran algún tipo de explicación desde o Concello, respondéronnos que non xa que “hai moitos problemas co alumeado público e non deben saber que lle pasa”.

Relacionado

Como tamén informamos na reportaxe O Nadal non se ilumina por igual, os veciños están molestos porque apenas se colocaron luces de Nadal na parte baixa da avenida, unha zona de gran importancia comercial e na que se atopa o CEIP de Figueiroa.

Entre o cruce da Congostra e a rotonda de Figueiroa só se colocou un arco luminoso en dito cruce, o que leva a que moitos rapaces, explican, pregunten por que no seu tramo non hai luces.

Relacionado


Imaxe de portada:
O alumeado público apagado na Avenida de Santiago // Asociación de Veciños da Avenida de Santiago

Comentarios

Deixar un comentario