Aurora Loureiro recibirá o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres polo seu exemplo vital

Aurora Loureiro recibirá o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres polo seu exemplo vital

Aurora Loureiro Baluja recibirá o vindeiro 8 de marzo o XII Premio Honorífico ao Labor das Mulleres. Aurora naceu en Toedo, pero actualmente vive en Matalobos e foi considerada polo xurado como un exemplo vital, xa que conseguiu desenvolverse profesionalmente nunha taberna, lugar masculinizado por tradición. Á vez, Aurora era o piar familiar.

O galardón recibiráo o venres 8 de marzo ás 20.00h no MOME.

Comentarios

Deixar un comentario