Bronce de Rubén Comerón en Tordesillas

Bronce de Rubén Comerón en Tordesillas

Rubén Comerón, do Club Bádminton A Estrada, desprazouse esta fin de semana ata Tordesillas (Valladolid) para desputar o Master Sub19.

En dobres mixtos, xunto con Carmen Carro, xogadora do Ravachol Pontevedra, levou o bronce tras perder en semifinais coa que sería a parella gañadora do torneo, formada por Jofre Comella e Macarena Izquierdo.

En dobre masculinos competía acompañado de Raúl Bergua (Ravachol) pero non conseguían clasificarse para o cadro final.


Imaxe de portada:
Rubén Comerón (esquerda) co seu adestrador, Jesús Pereiro (dereita) // Club Bádminton A Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo