Publicidade

A Escola Infantil celebra o Día Universal da Infancia

A Escola Infantil Municipal está celebrando esta semana o Día Universal da Infancia, que se conmemora este venres 20. As actividades están destiandas a dar visibilidade aos dereitos dos nenos e nenas e fomentar o respecto, a solidariedade e a participación das familias. A conmemoración faise mediante a creación da Árbore da Infancia, a elaboración dun marcapáxinas en familia, unha campaña solidaria e unha festa conmemorativa.

A concelleira de Benestar, Amalia Goldar, datallou a programación deseñada. A Árbore da Infancia xa está en marcha. Consiste na creación de pezas de quebracabezas de cartolina pintadas polo alumnado, nas que se estampan as mans de nenas e nenos. A unión destas pezas simbolizará a importancia de cada persoa a súa pertenza á comunidade.

A Escola Infantil propuxo ás familias que elaboren un marcapáxinas decorado cunha lazada para que poida ser colgado dalgunha das árbores da escola. Nel poderase escribir unha frase sobre os dereitos da infancia ou un desexo para a cativada.

En canto á recollida solidaria, decidiuse que fose a prol de Cáritas Parroquial da Estrada. Comezou luns e rematará venres. As familias poden aportar alimentos non perecedoiros, xoguetes, libros, produtos de aseo ou calquera outra achega.

Venres a Escola acollerá unha festa conmemorativa do Día Internacional da Infancia, poñendo o broche de ouro a esta semana adicada á sensibilización sobre os dereitos dos máis pequenos.

Imaxe de portada: árbore na que se están colgando os marcapáxinas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta