O fume da nova fábrica de Altri podería afectar á Estrada

O fume da nova fábrica de Altri podería afectar á Estrada

O proxecto da portuguesa Altri para está xerando polémica a nivel autonómico polas consecuencias medioambientais que pode ter. A extensión do proxecto da celulosa sería 10 veces maior que a que ocupa Ence. A fábrica instalaríase en Palas de Reis (Comarca da Ulloa, Lugo).

Segundo Ulloa Viva, o fume podería espallarse ata os 30 quilómetros de distancia nos días de máis vento, aínda que segundo Ecoloxistas en Acción poderían chegar aos 40.

Nese caso, os gases emitidos á atmosfera poderían chegar á Estrada, afectando a 17 parroquias. Deste xeito, os lugares situados desde Ribeira, San Pedro de Ancorados, Rubín, Lamas e Pardemarín ao leste poderían sufrir os efectos da contaminación.

O outro dos problemas medioambientais tería que ver coa contaminación da auga. Segundo Ulloa Viva, a celulosa empregará a diario 46 millóns de litros de auga que recollerá do Encoro de Portodemouros e verterá ao Ulla 30 millóns de litros.

Desde esta agrupación aseguran que a celulosa diga que “vai a cumprir os estándares legais” non quere dicir que esta auga non vaia a estar contaminada.

Estas verteduras afectarían aos concellos que captan auga do Ulla, entre os que non se atopa A Estrada, e ao marisqueo na Ría de Arousa.


Imaxe de portada:
Mapa da zona que se podería ver afectada polo fume de Altri // O Xornal da Estrada

Comentarios

One response to “O fume da nova fábrica de Altri podería afectar á Estrada”

  1. Avatar de Serafin López viglerio
    Serafin López viglerio

    Parabéns polo artigo. Estóu na Plataforma Ulloa Viva, aínda que vivo nunha parroquia da Estrada, e invitó aos veciños deste municipio, a sumarse as protestas, contra desta industria. Hai que impedir a súa implantación, senón logo as consecuencias nefastas, serán lonxevas no tempo.

    Gústame

Deixa unha resposta a Serafin López viglerio Cancelar a resposta