O BNG presenta unha moción para tomar medidas para parar o “rosario de atropelos” da N-640

O BNG presenta unha moción para tomar medidas para parar o “rosario de atropelos” da N-640

O BNG rexistrou unha moción para reclamar ao Goberno de España medidas para mellorar a seguridade da N-640 ao seu paso pola Estrada, onde se produciron, nos últimos seus anos, ” 9 accidentes, dous deles con vítimas mortais”, comentou Xoán Reices, voceiro do partido.

“Desde hai anos o BNG vén reclamando medidas de seguranza para atallar este rosario de atropelos, mais até o de agora o Ministerio de Transportes non moveu ficha, por iso impulsamos unha moción  para se unha declaración unánime do pleno do concello logra torcer a a vontade do goberno estatal”

Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada

Para Reices, os datos evidencian a necesidade de tomar medidas e, a gran medida, sería construír a Variante, que leva varias décadas agardando a ser construída.

Lembrou que a formación nacionalista incluíu a Variante nos acordos de investidura de Pedro Sánchez, “que comprometía ao goberno a impulsar a construción desta infraestrutura antes de rematar a lexislatura”.

Na moción tamén se incluíron melloras na capa de aglomerado do vial, que “ten unha notábel falta de mantemento por parte do organismo titular desta vía”, dado que ten “innumerábeis fochancas ao longo do seu percorrido, así como outro tipo de irregularidades, que fai moi difícil a circulación do tráfico con seguranza e comodidade”.


Imaxe de portada:
Paso da N-640 polo casco urbano // Google Street View

Comentarios

Deixar un comentario