Publicidade

Unha veciña de Berres resulta ferida nun atropelo en Benito Vigo

Unha muller, veciña de Berres, resultou ferida despois de ser atropelada no paso de peóns situado entre a Farmacia Eirín e a Casa das Letras, na Avenida Benito Vigo.

O 112 foi alertado do suceso pouco antes das 12.15h e desprazáronse ata o lugar para trasladar a ferida, que presentaba molestias a consecuencia do impacto. No lugar tamén se atopaba a Policía Local.

Este sinistro reabre, unha vez máis, o debate sobre a seguridade da N-640 ao seu paso pola vila, onde varios pasos de peóns foron escenario de varios atropelos mortais.

Á súa vez, a variante deste vial, que evitaría que moitos dos vehículos que circulan a diario polo tramo urbano do vial nacional teñan que pasar polo centro da vila.


Imaxe de portada:
Punto no que se produciu o atropelo // Google Street View

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo