José López Campos, ata este domingo alcalde da Estrada, foi nomeado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
O primeiro partido da oposición local en reaccionar foi o BNG. O seu voceiro, Xoán Reices, afirmou que “salta en marcha eludindo as súas responsabilidades e o seu compromiso como candidato e como alcalde electo”, aínda que “as ambicións persoais de López son lexítimas”.
Reices afirmou que “non agardamos nada de quen xa demostrou ser un pésimo xestor, que acaba de subirlle o IBI aos veciños e veciñas, porque non lle cadran as contas e por deixar un concello en peor situación que cando chegou á alcaldía”.
Tamén considerou “irónico” que se nomeara como Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude “a quen mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)”, algo que considera “unha declaración de intencións de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da Consellaría”.
“López foi un pésimo alcalde e será un pésimo conselleiro”
Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada
Imaxe de portada:
López Campos no mitin de Rueda na Estrada // Captura de pantalla

Deixa unha resposta a López Bueno pide que na elección do novo alcalde “primen os intereses dos veciños” – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta