López Bueno pide información sobre a situación económica ante a existencia de débedas sen pagar

López Bueno pide información sobre a situación económica ante a existencia de débedas sen pagar

Luis López Bueno, voceiro do PSOE na Estrada, solicitou información sobre a que se adicou o préstamo de 3 millóns de euros e sobre canto se lle debe aos traballadores.

Lembrou que as contas do Concello atopábanse en números vermellos debido a, segundo dixo, que o PP estirou demasiado a manga e, por iso, foi necesario tomar medidas “salvaxes” como a suba do IBI.

O socialista advertiu de que, a pesar de que se solicitou un préstamo de 3 millóns de euros, continúa habendo débedas sen pagar “dende hai meses” e cre que se debe a “que nas cifras oficiais faltaban facturas pendentes de enviar ao Concello, e que finalmente a conta foi moi superior aos 3 millóns iniciais”.

Tamén lle resultou curioso que o PP decidira pleitear “de xeito temerario” contra a RPT que eles redactaron, aínda que para el o importante é saber cal é a cantidade que se debe e como se vai a pagar, porque as sentenzas hai que cumprilas “por moi inconsciente que sexa o pleitista”.

Anunciou que vai pedir explicacións no seguinte pleno e lamentou que Gonzalo Louzao non mencionara estes temas, “que son os importantes para a xestión dun Concello”.

“Gonzalo Louzao ten a oportunidade de facer pagar responsabilidades políticas aos artífices desta situación, que son Alberto Blanco e Enrique Prieto”

Comentarios

Deixar un comentario