Publicidade

Un ferido nun accidente á altura do Mercadona

A N-640 ao seu paso polo casco urbano da Estrada volveu a ser escenario dun accidente con feridos. Neste caso foi un choque entre un coche e unha moto. O sinistro, que se produciu na Avenida de Pontevedra á altura do Mercadona ao redor das 14.00h deste mércores, saldouse cun ferido, que foi trasladado en ambulancia. Ata o lugar desprazáronse a Policía Local e Emerxencias A Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo