Publicidade

Como votou A Estrada nas últimas eleccións ao Senado?

O vindeiro 29 de novembro, amais de elixir quen nos representa no Congreso dos Deputados, teremos que votar aos senadores que representarán a provincia. Nas papeletas teremos que marcar ata tres nomes. Os catro que máis votos reciban serán senadores.

Nos últimos comicios na provincia saíron electos tres senadores polo PP e un polo PSOE. Foron Pepa Pardo, José Crespo, Nidia Arévalo e Carmela Rego.

Pola contra, na Estrada o máis votado no PSOE foi o voceiro estradense, Luis López Bueno, caendo Rego á quinta posición. O top-3 dos máis votados ocupárono os candidatos do PP, que conseguiron entre 5868 votos (caso de Pepa Pardo) e 5560 (Nidia Arévalo).

No caso dos socialista, López Bueno recibiu 3841 votos. Verónica Pichel, naquel momento alcaldesa de Forcarei, foi a menos votada do PSOE, con 3368. Por detrás quedaron os representantes do BNG (entre 1023 e 1439 votos), Sumar (entre 633 e 875), VOX (entre 278 e 331), PACMA (entre 35 e 69), Partido Comunista dos Traballadores Galegos (39) e Recortes Cero (26).

Comentarios

Deixa unha resposta