Publicidade

Comeza a montaxe do Bosque de Nadal no Concello

Dende hai varias semanas xa se está colocando o alumeado de Nadal. Esta semana tocou comezar a decoración da Praza da Constitución, que terá un importante cambio de imaxe respecto á ofrecida aos últimos anos.

Aínda que os traballos comezaron luns no interior, as condicións meteorolóxicas están a complicar os traballos no exterior. Na mañá deste xoves aproveitouse a tregua das chuvias para comezar coa decoración do palco da música e coas primeiras montaxes para configurar o Bosque de Nadal que conectará este emblemático elemento patrimonial coa casa consistorial, na que se replicará o mesmo discurso decorativo.

Estes primeiros traballos comezan a poñer de manifesto a estética centroeuropea que se lle quere dar a este espazo. Terá grilandas, elementos vexetais, adornos en tons vermellos e dourados e árbores decoradas.

A montaxe exterior tamén deu inicio á instalación da casa de Papá Noel, construción que se enmarcará no Bosque de Nadal. Este terá unha superficie aproximada de 70 metros cadrados e varias árbores, unha delas completamente decorada e que acada os seis metros de altura. Non faltará a tradicional caixa de correo para que os nenos e nenas poidan depositar as cartas de Nadal.

Comentarios

Deixa unha resposta