O plan de asfaltados no rural continúa avanzando. Tras rematar en Couso e Paradela, agora é turno das parroquias de Olives, Parada e Callobre, ata onde se achegou este martes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, para facer unha visita de campo. A este proxecto, en total, destínanse tres millóns de euros.
Nestas semanas avanzouse en Fraíz (Olives), na pista que vai á Lagoa e nas pistas de Callobre que conectan Aldea Grande e Rilo, O Vilar e A Aldea Grande ou os núcleos de Nogueira, Vilafruxil e Vilar. Próximamente chegarán os traballos a Parada, ás pistas entre Eiriz e As Vilas e a Sobre da Cova.
O rexedor comentou que, aínda que non foron incluídas neste primeiro lote, outras estradas do rural serán arranxadas. “Todas as parroquias que tiñan previstos asfaltados van ir acollendo uns traballos que están avanzando segundo o previsto. Xa temos parroquias rematadas, outras en execución e virán outras máis”, apuntou.
O plan ao completo ten previsto actuar en 116 camiños do rural da maioría das parroquias. Amais, está activo un plan de bacheo para as zonas que non serán asfaltadas.
Plan de asfaltados
As zonas nas que se vai traballar son as seguintes:
- Arnois: Os Bieites, A Carballeira e San Xiao.
- Oca: Outeiro e Oca de Arriba.
- Loimil: Tramo de Riomao á N-525 e Acceso a Os Casares.
- Couso: Mellora de accesos a Fontenlo e mellora de accesos a Couso.
- San Miguel de Barcala: Mellora do acceso ás Quintas.
- San Xurxo de Vea: Mellora do acceso a O Casal e mellora de acceso a Loureiro de Arriba.
- Santeles: Renda.
- Paradela: Aldea Grande.
- Ribeira: Vilar, Barbude, Baltar-Escola e Baltar-San Vicente.
- Berres: Celeiróns, A Mouteira-O Pereiro,Vilancosta.
- Riobó: Os Besteiros, O Río, Barcia, San Martiño e San Martiño-A Pena.
- Orazo: Vendexa, Currelo-Vilanova, Currelo e Currelo-Baldarís.
- Santa Mariña de Barcala: Santa Mariña.
- Frades: Frades-Casalpaio.
- Santo André de Vea: Trazarís-Cardelle, Cardelle, Ramiráns, Celeiróns, Vera e Trazarís.
- San Xiao de Vea: Vixín-Sandelle-Gondomar.
- Baloira: Montoiro.
- Toedo: Toedo e Talló.
- Barbude: Trasmonte e Acceso ao Muíño do Salgueiro.
- Moreira: Outeiro, Moreira Nova e A Pica.
- San Tomé de Ancorados: Igrexa-Gontén.
- San Pedro de Ancorados: San Pedro, Brei, Ventosela-San Pedro e Ribas.
- Agar: Gueifas e O Río.
- Matalobos: A Brea.
- A Estrada (rural): Vilar, Acceso Recreo Cultural, Camiño de Penerada-Ouzande, Camiño dos Ramos e O Pedregal.
- Aguións: O Codeso.
- Callobre: Aldea Grande-A Riba, Nogueira, Vilafruxil, O Vilar, O Vilar-Aldea Grande.
- Rubín: Bemposta, O Sol, A Igrexa (Rubín)-A Brea (Pardemarín), Foxo-Tras da Capela e O Sol-Acceso.
- Curantes: Cortes e As Pereiras.
- Ouzande: Alemparte-Sureiros (Somoza).
- Lagartóns: Os Bolos e Ouzamerxe.
- Guimarei: A Torre e Campos-A Cruz.
- Somoza: Castro Ramiro, Cernadela e Vila de Abaixo.
- San Xurxo de Cereixo: O Millarrabo-O Viso, O Millarabo, Señoráns e Constenla.
- Olives: Os Pereiriños-Viladefonso, Fraiz e Fraiz-A Lagoa.
- Pardemarín: Piñeiro-Golfariz e A Brea-Vinseiro.
- Tabeirós: Tabeirós, Tabeirós-Sandán, Sandán, Sandán-Piñoi, Cimáns, Outeiro, As Carballas, Sar, As Quintas e Tosar.
- Parada: Estrada municipal de San Xorxe a O Arnado e Eiriz-As Vilas.
- Nigoi: Escariz e A Silva.
- Ribela: Vilar-Entrecastrelo e Entrecastrelo-Arnado.
- Arca: Os Carballal-Ascensión e A Goleta.
- Codeseda: Monteagudo, As Quintas, Outeiro e Acceso Arnado-Abragán.
- Liripio: A Canda-Portela e Cabanelas.
- Souto: San Torcado-Campo Lameiro.
Imaxe de portada: visita de Louzao aos asfaltados en Callobre // Concello da Estrada


Deixa unha resposta