Dous accidentes nocturnos en 24 horas na Estrada

Dous accidentes nocturnos en 24 horas na Estrada

O casco urbano da Estrada rexistrou dous accidentes en 24 horas. O primeiro, producíase ás 02.45h do sábado, cando dous vehículos chocaban á altura do Hostal La Bombilla. O segundo produciuse nas primeiras horas deste domingo, na Avenida Benito Vigo á altura de Recambios Severino.

Semana accidentada no casco urbano

Estes súmanse a outro que se produciu o mércores na Avenida de Pontevedra entre un coche e unha moto e no que resultou ferido o motorista, deixando a cifra de sinistros no casco urbano en tres accidentes nunha semana.

Comentarios

Deixar un comentario