O temporal está deixando as primeiras incidencias. Emerxencias A Estrada e a Policía Local desprazábanse onte ata a Rúa Peregrina debido a un andamio solto na obra que se está levando a cabo nun dos edificios. A rúa permanece cortada.
Ademais, Emerxencias tamén actuou nun cable baixo na PO-7004 en Matalobos e na retirada de dúas árbores na Estrada e en Santeles.
Aviso amarelo
A esta hora a AEMET xa desactivou o aviso amarelo por chuvia acumulada en 12 horas, aínda que mañá reactivaráse ás 6.00h da mañá ata ás 18.00h da tarde, podendo acumularse ata 40mm nese período de tempo.
Os rexistros horarios da AEMET mostran que, desde as 20.00h do venres (momento no que se activou o aviso amarelo) ata ás 11.00h deste sábado (último dato dispoñible no momento de redacción da noticias) na Estrada acumuláronse 83,2mm, correspondendo 58,4mm á xornada deste sábado.
Imaxe de portada:
A Rúa Peregrina cortada // cedida


Deixar un comentario