Ao redor das 13.30h deste domingo dous coches batían na PO-841 ao seu paso por Santa Cristina de Vea. Un dos vehículos estaba entrando nunha das pistas da parroquia cando outro vehículo chocou contra a parte traseira do primeiro.
No sinistro resultaron feridas leves dúas persoas, que foi necesario trasladar en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Ata o lugar desprazáronse, ademais do 061 da Estrada, Emerxencias A Estrada, Garda Civil de Tráfico de Lalín, Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea, Grúas Foxomotor e Grúas Lalín Deza.
No momento de redacción desta nova tamén se estaba agardando pola chegada dunha pluma para retirar un dos vehículos.
Imaxe de portada:
Vehículos accidentados // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixa unha resposta