Publicidade

As contas do Berres para salvarse no último partido da tempada

Este domingo rematan os partidos en Segunda Galicia. Cos dous ascensos asegurados (o do Vea e o do Vista Alegre) e con dous dos tres descensos xa definidos (Bandeira e Tordoia B), falta saber se será o Berres ou o Trazo o outro equipo que descenda.

O Berres xogará na casa contra o Cacheiras (3º clasificado), mentras que o Trazo faráo no campo do Dubra B. Ambos partidos comezarás ás 17.00h e cada equipo sabe que ten que pasar para permanecer na categoría.

A priori, quen máis complicado o vai ter vai ser o equipo estradense, pois atópase a tres puntos do Trazo e cun peor gol average. É dicir, que o Berres necesita gañarlle ao Cacheiras, que o Trazo perda e que o total da diferencia de goles coa que perda o Trazo e coa que gañe o Berres supere os 6 goles.

Parte baixa da clasificación de Segunda Galicia a falta do último partido

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo