Alfonso Villares, Conselleiro do Mar, visitou este mércores a peixería Chedas e as peixerías do Novo Mercado, nas que puxo en valor o esforzo realizado pola Xunta para promocionar os produtos do mar galego.
Estivo acompañado por Gonzalo Louzao, que destacou o sabor que teñen os peixes e mariscos da costa galega e a cantidade de nutrientes que aportan ás nosas dietas.
Ademais, Villares recoñeceu a labor que levan a cabo as peixerías do concello e criticou que o Goberno de España non lle rebaixara o IVE aos produtos do mar, cando tería grandes achegas nutricionais á dieta dos cidadáns.
Imaxe de portada:
Villares e Louzao no Novo Mercado // Consellería do Mar

Deixa unha resposta a Anq Cancelar a resposta