Este mércores o MOME vivirá un deses momentos para o recordo. E para revivilos. Para que os que coñeceron a Estrada do adoquín a revivan e para que os que non, a coñezan.
Será ás 20.30h cando comezará a conversa – coloquio con Ricardo Terceiro, autor de Historias de Adoquín; Marisé García, responsable das imaxes do libro; Ramiro Cimadevila, autor de acuarelas alusivas á xeración do Adoquín; Manuel Pereira, mestre e escritor, e Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada. Un coloquio que permitirá coñecer en persoa esas historias que Terceiro lembra no seu libro, que xa vai pola segunda edición.
Imaxe de portada: Portada do libro Historias de Adoquín


Deixar un comentario