A directiva da ACOE dimite por discrepancias co Concello

A directiva da ACOE dimite por discrepancias co Concello

A directiva da ACOE presentou este martes a súa dimisión en bloque por discrepancias co Concello. Segundo comunicaron aos socios, a institución mantivo unha “actitude contraditoria” dado que os acordos que se terían posto sobre a mesa foron retirados ou modificados.

Un dos principais focos de conflito, segundo as primeiras informacións, tería sido unha atracción que se pretendía instalar na Praza do Concello no Nadal, e que finalmente non se instalou.

A directiva continuará no cargo ata o 31 de outubro, cando se disolverá a asociación no caso de non haber substitutos nos cargos.

Comentarios

Deixar un comentario