A Estrada pide que a farola non se mova

A Estrada pide que a farola non se mova

A Estrada saíu este sábado á rúa para manifestarse en contra do traslado do icónico farol da Farola, a pesar da chuvia. No acto, convocado polo PSOE, tamén estiveron membros do BNG e de Móvete.

Luis López Bueno, voceiro do PSOE, lembrou que este leva 40 anos na mesma ubicación e que “desde o ano 1840 hai un elemento distintivo nese lugar”. “Creo que é de sentido común mantela no seu sitio. Todos temos vivencias nelas”, asegurou, “incluso a xente nova, que estivo moi participativa na campaña”.

Comentou que “Louzao só foi capaz de falar un día ” e “recibiu unha contestación unánime da oposición” porque “é o único que non quere á farola no entorno da Praza da Farola”. Durante esta semana, “non escoitei a ninguén dicir que está a favor”.

O socialista pensa que os actos levados a cabo servirán para que o farol permaneza na súa ubicación actual. “Esta mobilización non é inútil” porque lle preguntou á enxeñeira se habería problemas en mantelo onde está e a súa resposta foi “que a nivel técnico non hai ningún problema, que é unha decisión política e que a ten que tomar o goberno municipal”.

Fixo referencia ás bromas feitas en redes sociais con que se reubicaba o farol para que colla o camión da Panorama: “eu non mo quería crer, pero a enxeñeira confirmouno”. “Levamos 40 anos facendo a festa na Farola e nunca houbo problemas”, lembrou.

Indicou que “atopeime a moita xente simpatizante do goberno municipal que está plenamente dacordo con nós”. “Este é un movemento transversal, é un movemento dos veciños e veciñas”.

Asegurou ter lido “algunha opinión dalgún concelleiro do Partido Popular que falaba no nome do progreso”, sendo esta a causa do traslado. “En nome do progreso tamén reformaron a Praza da Feira e ninguén está contento con ela, en nome do progreso quitaron unha alameda fantástica que tiñamos para poñernos 7.000 metros cadrados de formigón, en nome do progreso estamos con 35 comercios que pecharon este ano”.

López Bueno cre que o farol vai permanecer onde se atopa agora grazas “á mobilización veciñal”, “aínda que a teñan que mover tres metros para abaixo”.

Manifestación contra o traslado da Farola // O Xornal da Estrada

Xoán Reices, voceiro do BNG, comentou que “para min é algo fácil de entender: podemos comezar preguntándonos cal é o motivo polo que hai que quitar a farola, e se te pos a pensar seriamente non hai ningún”, pois “poderíase poñer a Panorama” nas prazas do Concello ou da Feira.

Lembrou como “cando comecei a vir á Estrada sempre quedabamos na Farola, sempre estabamos na Farola”. “Creo que é un lugar un pouco distinto que temos aquí e que non deberiamos perder”, manifestou o nacionalista.

“Temos que coidar o noso para seguir tendo personalidade”, sentenciou e lamentou que “o alcalde só estea para inaugurar cousas e para sacar peito cando van ‘mínimamente’ ben e despois non estea para poñer a espalda cando haxa que ver se a decisión que tomaches é boa”.

Pola súa banda, Mar Blanco, voceira de Móvete, asegurou que A Farola “únenos para reivindicar o noso patrimonio. Podemos dicir que na Estrada chove sobre mollado”, comentou en referencia a outras reformas levadas a cabo nos últimos anos.

“O Partido Popular empéñase en quitar o último, o único elemento simbólico que queda na nosa vila”, afirmou. Indicou que “temos que defender o pouco patrimonio que nos queda, porque ou o eliminan ou queda abandonado”.

Segundo Blanco, “temos que sentirnos orgullosos posto que, a pesar da choiva, aquí estamos exercendo o noso rexeitamento”.

Case 500 firmas en Change.org

A recollida de firmas que se está levando a cabo na plataforma Change.org xa conseguiu 477 sinaturas. Ademais, ao longo da vindeira semana recolleránse ás dos establecementos.

Comentarios

4 responses to “A Estrada pide que a farola non se mova”

  1. Avatar de O BNG critica que o PP fixera “o paripé para contrarrestrar o éxito da concentración da Farola” – O Xornal da Estrada

    […] ao anuncio feito polo PP sobre a N-640. Lamentaron que o fixeran o sábado, coincidindo coa concentración contra o traslado da Farola e que o anunciaran cando o PP “nunca fixo” algo: “Aí están as hemerotecas para […]

    Gústame

  2. Avatar de O Concello lanzará a licitación da reforma da Farola – Xornal da Estrada

    […] sobre se é unha obra necesaria e sobre a colocación do icónico farol – polo que houbo unha manifestación e un referendo -, o Concello vai licitar as obras de reforma da Farola. Este paso dáse tras […]

    Gústame

  3. Avatar de A reforma da Farola comezará en outubro polos seus arredores – Xornal da Estrada

    […] movemento foi a protagonista do debate político, chegando a facerse recollidas de sinaturas e unha manifestación, a futura ubicación someteuse a votación, gañando por unha ampla maioría a opción de que […]

    Gústame

  4. Avatar de Este martes comezarán as obras da Farola – Xornal da Estrada

    […] protagonista do debate político, chegando a facerse recollidas de sinaturas e unha manifestación, a futura ubicación someteuse a votación, gañando por unha ampla maioría a opción de que […]

    Gústame

Deixa unha resposta a O Concello lanzará a licitación da reforma da Farola – Xornal da Estrada Cancelar a resposta