O PSOE anunciou que 1990 persoas asinaron a petición de manter a farola na súa ubicación actual. Unha recollida de firmas que foi da man coa manifestación celebrada hai dúas semanas.
O voceiro do partido, Luis López Bueno, valorou como un éxito a participación e asegurou que a campaña “non vai de partidismos nin de desgastar ao alcalde como di” Gonzalo Louzao.
Para el, “a votación popular é unha boa nova pero xa é inútil neste momento. Tería que ser o escenario dende o principio” e cre que se fai porque o mandatario “quere intentar lavar a cara”.
“Aínda sendo unha Gonzalada, hai que ir a votar”
Acusouno de montar “un circo” para “defender unha idea estúpida” lembrando que Louzao asegurou que reubicar o farol “era unha cuestión técnica” e que “convocou unha rolda de prensa el e abandonou cobardemente á enxeñeira de Galaicontrol”.
“O desgaste que sufriu o liderado deste goberno municipal nestas tres semanas é indiscutible”, comentou matizando que “non o provocamos nós, buscouno Gonzalo el soíño por non escoitar aos veciños e veciñas”.
O socialista avanzou que vai levar as firmas ao pleno e que van buscar se algún dos concelleiros asinou. “O venres a primeira hora estarei no rexistro do Concello para presentalas oficialmente”, informou.
Imaxe de portada: Farola da Farola // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario