Este luns Ángel Bergueiro, Presidente da Asociación de Veciños da Avenida de Santiago, reuniuse con Gonzalo Louzao para trasladarlle os problemas desa rúa.
Pediu a ampliación e modernización do parque infantil, a creación de novas zonas para aparcar, chegando a propoñer algunha ubicación, a limpeza das beirarrúas e contedores do lixo, o arranxo dos desperfectos das beirarrúas – na actualidade xa se arranxaron dúas saídas de garaxes-, o repintado das liñas viarias e pasos de peóns, a actualización dos sinais de velocidade á normativa actual, o incremento da vixiancia – últimamente producíronse algúns incidentes nela e os vehículos exceden a velocidade – e a colocación dun espello á altura de Autoservicios Sanmartiño.
Imaxe de portada: Parque da Figueiroa // O Xornal da Estrada

Deixa unha resposta a Alfonso Suarez Diaz Cancelar a resposta