López Bueno cre que é “irrenunciable” pedir os fondos ITE

López Bueno cre que é “irrenunciable” pedir os fondos ITE

Luis López Bueno, voceiro do PSOE, valorou de forma “preliminar” os fondos europeos ITE que serán convocados próximamente. Coa información que existe actualmente, cre que a convocatoria “é irrenunciable” e debe chegar aos 15 millóns de euros máximo.

Lamentou que Gonzalo Louzao “non ofrecera apenas información sbre os plans que ten para estes fondos” e instouno a reunir “urxentemente” a Mesa de Mobilidade porque “non vale de nada reunila coa memoria feita e chea de ocorrencias, se se queren facer poucos proxectos haberá que negocialos”.

Para el, o ámbito de actuación máis importante ten que ser o rural porque “dos 6 millóns da EDUSI, non se executou ningunha actuación nas parroquias”, polo que se podería investir na estensión de fibra óptica “que as operadoras lle negan aos veciños e veciñas”.

Ademais, os fondos tamén se deberían centrar nas “case 4.000 vivendas totalmente baleiras” e na reforma do antigo Centro de Saúde, para o que previamente se debería obter a súa cesión indefinida ou a adscrición.

Lembrou que tamén hai “asuntos pendentes” como o aparcadoiro para os camións, a reforma da Estación de Autobuses – que actualmente ten graves problemas estruturais -, o antigo edificio do Inem e os edificios xudiciais, que quedarán baleiros o vindeiro ano.


Imaxe de portada: Antigo Centro de Saúde // O Xornal da Estrada

Comentarios

One response to “López Bueno cre que é “irrenunciable” pedir os fondos ITE”

  1. Avatar de O PP responde a López Bueno: o Concello non pode instalar a fibra – O Xornal da Estrada

    […] López Bueno, voceiro do PSOE, asegurou que parte dos fondos europeos terían que adicarse á instalación de fibra no rural. Desde o PP responderon a estas verbas porque ” consideramos importante achegar […]

    Gústame

Deixa unha resposta a O PP responde a López Bueno: o Concello non pode instalar a fibra – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta