Augas de Galicia volveu a multar ao concello por verteduras dos sumidoiros a ríos e regatos. Tal e como avanzou o BNG, a sanción é de 8.000 euros, sendo o total do ano 23.000 euros.
O voceiro da formación, Xoán Reices, asegurou que “hai que atallar o problema para acabar cos vertidos contaminantes á rede fluvial e con esta sangría para as arcas municipais”.
Lembrou que xa alertaron da situación en varias ocasións pero que a resposta dos populares “foron boas palabras e a pesar de recoñecer o problema non se tomaron medidas para atallar estes vertidos”.
Engadiu que ““o PP está instalado desde hai tempo en políticas efectistas para a galería, porque sabe que iso élle rendíbel electoralmente, mentres descoida os problemas reais dos veciños e veciñas” e pediulle que “se centre nos problemas reais”.


Deixar un comentario