Publicidade

Veciños da avenida de Santiago denuncian a ausencia do alumeado prometido

Desde a Asociación de Veciños da Avenida de Santiago lamentaron este xoves que, “outro ano máis quedamos sen alumeado de Nadal”. Lembraron que o alcalde prometeulles a colocación de arcos lumínicos entre a rotonda de Figueiroa e a Congostra, pero non se efectuou.

O Presidente da asociación, Ángel Bergueiro, asegurou que “parece que hai zonas onde para o Concello non é Nadal e que non hai nin veciños nin locais comerciais”.

Esta situación tamén se produce noutros puntos do casco urbano estradense.


Imaxe de portada: Tramo sen iluminación de Nadal na avenida de Santiago // cedida

Comentarios

Unha resposta a «Veciños da avenida de Santiago denuncian a ausencia do alumeado prometido»

  1. […] Álex, un rapaz de 9 anos que estuda no CEIP de Figueiroa, premeu este xoves o botón que iluminou gran parte das rúas da Estrada coa maxia do Nadal ante unha praza do Concello ateigada de rapaces, nais, pais e outros […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo