Deteñen a un home tras interceptalo con dous quilos de droga na Estrada

Deteñen a un home tras interceptalo con dous quilos de droga na Estrada

Un home residente en Cuntis foi detido pola Garda Civil tras atopar no seu vehículo dous quilos de hachís. Foi o pasado luns nun control rutinario na N-640 na Estrada cando, tras detelo, o condutor mostrouse nervioso e os axentes procederon a inspeccionar o vehículo.

Tras isto, procederon a rexistrar a súa vivenda, atopando 20 gramos de cocaína listos para distribuír, ademais de pequenas cantidades de cartos.

Comentarios

Unha resposta a “Deteñen a un home tras interceptalo con dous quilos de droga na Estrada”

  1. Avatar de No que vai de ano producíronse 12 detencións por tráfico de droga na Estrada – Xornal da Estrada

    […] ao pouco de comezar o ano nun control rutinario na N-640. O 13 de xaneiro a Garda Civil atopaba dous quilos de haxís no vehículo que conducía un veciño de Cuntis. Máis tarde, procederon a rexistrar a súa vivenda, atopando 20 gramos de cocaína listos para […]

    Gústame

Deixar un comentario