Un home residente en Cuntis foi detido pola Garda Civil tras atopar no seu vehículo dous quilos de hachís. Foi o pasado luns nun control rutinario na N-640 na Estrada cando, tras detelo, o condutor mostrouse nervioso e os axentes procederon a inspeccionar o vehículo.
Tras isto, procederon a rexistrar a súa vivenda, atopando 20 gramos de cocaína listos para distribuír, ademais de pequenas cantidades de cartos.

Deixa unha resposta a No que vai de ano producíronse 12 detencións por tráfico de droga na Estrada – Xornal da Estrada Cancelar a resposta