Os rapaces e rapazas de Liripio que cada día teñen que coller o autobús para asistir ás clases teñen que facelo ás escuras porque a parada atópase nunha pista sen alumeado público.
O Concello xa tivo constancia deste feito e os afectados tiveron como resposta que, ata que a empresa encargada arranxe as máis de 200 luminarias que se fundiron durante unha tormenta en decembro – proceso que se retrasou ao pechar a empresa fabricante das luces polo Nadal -, os operarios non solventarán este problema.
Imaxe de portada: Parada de bus en Liripio // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario