Liripio: ir ata a parada de bus ás escuras

Liripio: ir ata a parada de bus ás escuras

Os rapaces e rapazas de Liripio que cada día teñen que coller o autobús para asistir ás clases teñen que facelo ás escuras porque a parada atópase nunha pista sen alumeado público.

O Concello xa tivo constancia deste feito e os afectados tiveron como resposta que, ata que a empresa encargada arranxe as máis de 200 luminarias que se fundiron durante unha tormenta en decembro – proceso que se retrasou ao pechar a empresa fabricante das luces polo Nadal -, os operarios non solventarán este problema.


Imaxe de portada: Parada de bus en Liripio // O Xornal da Estrada

Comentarios

One response to “Liripio: ir ata a parada de bus ás escuras”

  1. Avatar de A reparación de todas as luminarias estragadas polas tormentas rematará “nunha semana ou dez días” – O Xornal da Estrada

    […] decembro, unha tormenta estragaba 280 puntos de luz e, tal e como adiantou O Xornal da Estrada en xaneiro, ao Concello faltáballe o material suficiente para poder reparalas todas. E é que contaban con […]

    Gústame

Deixa unha resposta a A reparación de todas as luminarias estragadas polas tormentas rematará “nunha semana ou dez días” – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta