EMAE e Tequexetéldere únense nunha obra que poñerá cara a Avelina Valladares 

EMAE e Tequexetéldere únense nunha obra que poñerá cara a Avelina Valladares 

Avelina Valladares é unha muller misteriosa: non temos imaxes dela, non temos ningunha imaxe e non sabemos por que non casou. Por primeira vez – sen contar o retrato que fixo Rosa de Cabanas dela -, poderemos poñerlle cara e será grazas á obra de teatro que representará a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) coa colaboración de Tequexetéldere e de Rosa de Cabanas o 5 e 6 de abril.

En total haberá máis de 50 persoas sobre o escenario do Teatro Principal, que contarán como dúas rapazas preparan unha obra de teatro sobre Valladares, exercendo de trasunto de Santi Cortegoso, autor da obra, e teñen certas dificultades á hora de atopar información sobre esta muller do lugar de Vilsncosta (Berres). Aparecerán personaxes coma as de Marcial Valladares, irmán de Avelina, e Manuel García Barros.As entradas xa están á venda no departamento de Cultura por un prezo de tres euros. O equipo que participa nesta obra é similar ao da existosa Un médico na aldea.

Comentarios

One response to “EMAE e Tequexetéldere únense nunha obra que poñerá cara a Avelina Valladares ”

  1. Avatar de Berres contará cun amplo abano de actividades polo Ano Cultural Avelina Valladares – Xornal da Estrada

    […] a igrexa, o cemiterio e O Areal. Nel participará parte do elenco da obra Os seráns de Vilancosta, que se estreou a principios de abril no Teatro Prinicipal, e Isabel Rei, que tocará pezas do Cancioneiro dos Valladares no […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Berres contará cun amplo abano de actividades polo Ano Cultural Avelina Valladares – Xornal da Estrada Cancelar a resposta