Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, afeou públicamente que o BNG se atribúa de forma exclusiva o acordo acadado no Congreso dos Deputados para mellorar toda a N-640: “Medallas as xustas”, asegurou.
“Vemos con sorpresa que o BNG presume que se debateu no Congreso unha iniciativa súa para a mellora desta vía. Esquecéronse de que son un dos socios de Pedro Sánchez que asinaron no seu acordo de apoio que se fixera a variante da Estrada. Eles teñen parte da responsabilidade e nós convocamos aos deputados do PP hai uns meses e presentaron unha iniciativa como presentou o Bloque, pero que acadou máis apoio no mesmo día”
Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada
Lembrou que en sendas votacións tanto PP coma BNG votaron a favor, mentras que o PSOE abstívose. Comentou que xa lle comentou a Abel Losada, subdelegado do Goberno, que “e irrenunciable e non pode pasar deste ano”.
“É das vías peor conservadas eu penso que de España e levamos dende o goberno municipal moitos meses tendo reunións e denunciando esta situación”, comentou o mandatario mentras facía fincapé na “importancia que ten para os estradenses o mantemento desta vía” e nos diferentes informes elaborados pola Policía Local tras cada un dos diferentes atropelos que se produciron no tramo urbano e que aínda non foron atendidos.
Neles facíase constar a alta siniestralidade, así como a deficiente sinalización, propoñéndose medidas para solventar a problemática. A isto chegouse a responder “que este punto non figuraba como Zona de Concentración de Accidentes”.
Imaxe de portada: visita de deputados do PP á Estrada // Arquivo

Deixa unha resposta a Reices responde ao PP: “como burócratas son bos, pero como políticos son nefastos” – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta