Manuel Magariños, edil de Novas Tecnoloxías, respondeu ás queixas trasladadas polo BNG en relación a postes e cableado de telefonía caído que aínda non foi recolocado. Comentou que, desde o 9 de xaneiro de 2024, tramitaron 40 incidencias, das cales 25 xa foron pechadas e 13 están aínda abertas e asegurou que o Concello fixo todo o que tiña na súa man, que é dar aviso á empresa responsable da infraestrutura. Engadiu que moitas veces teñen coñecemento das incidencias a través de Emerxencias – que activa un aviso perante o 112 e outro ante o Concello – ou do equipo de A Estrada Dixital.
No caso concreto de Fontenlo (Couso), precisou que se lle notificou a Telefónica precisando a afección a unha vivenda e a un invernadoiro. Engadiu que existe un correo do 14 de marzo e que Telefónica comentoulles que o arranxo estaba pendente da subministración de material.
“O 10% da compañía pertence ao seu socio de Goberno”, trasladou Magariños aos nacionalistas. Tamén se preguntou se en concellos que non están gobernados polos populares se solventan con máis rapidez “ou tamén poden instar ao seu socio a que se lles dea unha pronta situación”.
Imaxe de portada: poste caído en Vera (Santo André de Vea) // BNG


Deixa unha resposta a Reices responde ao PP: “como burócratas son bos, pero como políticos son nefastos” – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta