O punto limpo reabrirá este xoves con limitacións na cantidade de residuos depositados

O punto limpo reabrirá este xoves con limitacións na cantidade de residuos depositados

Faise para cumprir a normativa

Este xoves reabrirá o Punto Limpo da Estrada, situado en Penerada (Ouzande). Faino tras estar pechado durante varias semanas para adaptarse á normativa, aproveitando o cambio de empresa adxudicataria. Poderánse depositar residuos os xoves e venres de 9.00 a 13.00h e os sábados de 10.00 a 13.00h e de 16.00 a 17.00h.

“Só se admiten residuos xerados por particulares e previamente
clasificados polo usuario”, explicou  Óscar Durán, edil de Promoción Económica e están prohibiduos os residuos industriais. “As actividades industriais deberán xestionar os seus propios residuos a través de xestores autorizados pola Comunidade Autónoma de Galicia”.

“Non é capricho, é unha normativa que temos que cumprir”

Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica

Durán resaltou que isto faise en cumprimento da normativa e comentou que o goberno municipal plantexou a posibilidade de que tamén funcione como operador de residuos “para microempresas e autónomos, con un regulamento e un prezo público”, algo que, de levarse a cabo, non sería unha realidade ata 2026.

Tamén en cumprimento da normativa, estableceuse unha cantidade máxima para aqueles refugallos que non sexan papel, cartón, vidro,  cristais varios, aceites vexetais, baterías e pilas, ferralla (restos metálicos) ou residuos de bolsa amarela.

O máximo nas terras e entullos situaráse nos 60 quilos en bolsas de 20 ou 25; no aceite de motor nos 10 litros e nos aerosois, en 10 unidades. No caso dos electrodomésticos, permitiráse unha unidade de cada dos electrodomésticos con CFC e, para os restantes, a cantidade queda en dúas de cada tipo.

Outras limitacións son:

  • 60 quilos de madeiras.
  • Un quilo de pinturas, vernices ou
    disolventes.
  • 2 colchóns.
  • 3 unidades de lámpadas ou
    fluorescentes.
  • 25 quilos para plásticos domésticos.
  • 100 para os de invernadoiros.
  • 25 para téxtiles domésticos.
  • 1 metro cúbico para os restos de podas.

Ademais, o novo regulamento establece que os usuarios teñen que aportar os residuos previamente separados para ser depositados nos contedores específicos e que as entregas deben ser anotadas e, a persoa que os entrega, identificada, quedando rexistro no libro interno do Punto Limpo.


Imaxe de portada: interior do Punto Limpo // cedida

Comentarios

Unha resposta a “O punto limpo reabrirá este xoves con limitacións na cantidade de residuos depositados”

  1. Avatar de Vertedura de lixo en San Andrés de Vea – Xornal da Estrada

    […] denunciaron a existencia dunha vertedura de lixo na vía pública. Lembremos que hai unhas semanas reabriu o Punto Limpo, espazo no que se poden depositar estes […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Vertedura de lixo en San Andrés de Vea – Xornal da Estrada Cancelar a resposta