Manuel Verde tivo que abandonar tras verse implicado nunha caída masiva
Esta fin de semana o Club Ciclista Estradense participou na XXXVII Promoción de Ciclismo de Boiro.
Nela, Gael Surribas quedou terceiro na categoría Promesa Masculina e, Brais Cimadevila, 28º. En promesa feminina, Marta Mariño remataba sexta e Iria Cimadevila, novena.
No top-10 das principiantes femininas entraba Nuria Mariño, que cruzou a liña de meta en sexta posición. Pola súa banda, nos alevíns masculinos, Bruno Otero era o 24º en cruzar a liña de chegada.
Os cadetes viviron a situación máis complicada tras producirse unha caída masiva que obrigou aos árbitros a parar a proba. Manuel Verde tivo que ser trasladado a un centro hospitalario e Sergio Cao, que tamén se viu implicado, conseguiu continuar, rematando 13º tras desputarse só os últimos 20 quilómetros.

Deixar un comentario