Últimos días para anotarse na festa do porco á brasa de Guimarei

Últimos días para anotarse na festa do porco á brasa de Guimarei

Este venres remata o prazo para mercar os tickets para a festa do porco á brasa de Guimarei, que se celebrará o sábado, 17 de maio a partir das 20.30h no campo da festa da parroquia.

O menú contará con chourizos ao viño; porco á brasa, patacas e ensalada; pan, sobremesa, bebidas e café.

Para os adultos custará 20 euros, mentras que os rapaces e rapazas de entre 7 e 13 anos terán que pagar sete euros e, os menores de 7, irán de balde. As entradas poden adquirirse no estanco de José Manuel López Durán.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo