
Na medianoite deste venres, mentres comezaba a caer un chaparrón, PP, PSOE e BNG comezaron a pegar os carteis dos seus partidos de cara as Xerais do vindeiro 29 de novembro.

Dende o PP, Gonzalo Louzao, agardou que “estas eleccións dean o paso definitivo para que A Estrada se posicione no mapa e teñamos un presidente que pense na Estrada e pense no futuro do noso concello”. Lembrou que se leva “moitos anos reclamando”.
Este venres ás 20.00 horas celebrarán un dos primeiros mitins da campaña no Teatro Principal. Entre outros, estarán o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Pola outra banda, dende o PSOE, Luis López Bueno sinalou que “son unhas eleccións moi importantes para todos e para todas. Xogámonos as diferenzas entre as dereitas e os dereitos”. Apuntou que “sempre estaremos polos dereitos dos veciños da Estrada e dos cidadáns en xeral”.

O BNG tamén pegou os seus carteis. Dende o partido nacionalista aspiran a conseguir que Carme da Silva pase de senadora a deputada, acadando así o segundo escano no Congreso.


Deixa unha resposta