O Obradoiro Carlos Barruso actuará no San Paio

O Obradoiro Carlos Barruso actuará no San Paio

Despois do anuncio feito pola orquesta Gran Parada, continúa a coñecerse o nome dalgunhas das agrupacións que estarán no cartel do San Paio. Desta volta é o do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso que, tal e como confimou a agrupación durante a Festa do Salmón, actuará o sábado 28.

Lembremos que este ano as festas serán do 25 ao 29 de xuño, sendo o xoves 26 e o venres 27 festivos locais. Ademais, a Comisión de Festas xa ten en marcha o petitorio popular.

Imaxe de portada: concerto do Obradoiro Carlos Barruso na Festa do Salmón // Xornal da Estrada

Comentarios

One response to “O Obradoiro Carlos Barruso actuará no San Paio”

  1. Avatar de Cinema e Combo Dominicano actuarán no San Paio – Xornal da Estrada

    […] de San Paio, que se celebrarán do 25 ao 29 de xuño. Xa coñeciamos que estarán Gran Parada, Obradoiro Carlos Barruso (28 de xuño) e a Brilat (26 de […]

    Gústame

Deixar un comentario