Este venres abren as inscricións para a XII Nocturna Estradense, a carreira popular organizada polo Concello da Estrada en colaboración con Atletismo A Estrada. Este evento marca o inicio das festas de San Paio.
As probas escolares e as absolutas celebraránse en circuítos pechados e correctamente sinalizados durante a noite estradense. A proba absoluta conta cun circuíto de 4 quilómetros ao que se lle darán dúas voltas. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
As inscricións, que só se poderán facer a través da web de Emesports, pecharán o 19 de xuño.
Imaxe de portada: Nocturna de 2024 // Xornal da Estrada


Deixar un comentario