Publicidade

A Nocturna Estradense celebraráse o 21 de xuño

Este venres abren as inscricións para a XII Nocturna Estradense, a carreira popular organizada polo Concello da Estrada en colaboración con Atletismo A Estrada. Este evento marca o inicio das festas de San Paio.

As probas escolares e as absolutas celebraránse en circuítos pechados e correctamente sinalizados durante a noite estradense. A proba absoluta conta cun circuíto de 4 quilómetros ao que se lle darán dúas voltas. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

As inscricións, que só se poderán facer a través da web de Emesports, pecharán o 19 de xuño.

Imaxe de portada: Nocturna de 2024 // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a «A Nocturna Estradense celebraráse o 21 de xuño»

  1. […] terán lugar o Encontro de Fillos e Amigos da Estrada, unha exhibición de Sincroburbullas e a Estranoite, carreira popularmente coñecida como a Nocturna Estradense, que coincidirá co acendido do […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo