A Estrada renova por segunda vez o coche compartido

A Estrada renova por segunda vez o coche compartido

O coche compartido co que conta o Concello da Estrada é un éxito innegable. Púxose en marcha en 2023 e, desde ese momento, os usuarios percorreron un total de 130.000 quilómetros. O servizo contou con 1.800 reservas e a aplicación ten 250 usuarios rexistrados.

A iso hai que sumarlle que, no 85% do tempo dispoñible para o seu uso, está ocupado e que cada condutor emprégao entre 2 e 3 horas de media.

Na mañá deste xoves, Concello e Hyundai presentaron o que será o terceiro vehículo deste programa de carsharing. Trátase dun Hyundai Inster, un modelo eléctrico cunha autonomía de 400 quilómetros. As tarifas mantéñense, custando 5 euros a hora, ata un máximo de 20 euros por xornada.

Imaxe de portada: presentación do novo vehículo // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario