Este mércores comezaron os traballos de montaxe da infraestrutura necesaria para a Feira da Sidra. Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica, comentou que haberá cambios na distribución dos 24 lagares que participarán.
Haberá dúas barras, dispostas na zona central da carpa instalada aos pés do consistorio. Ademais, pasaráse de 60 a 90 metros de barra. Nunha das barras atoparánse os lagares internacionais e, na outra, os galaegos, quedando os nacionais distribuídos nos espazos restantes. Con esta nova disposición preténdese axilizar a circulación.
Vanse instalar tres carpas máis pequenas que se destinarán á venta de tickets para a desgustación de tapas e racións, que custarán 4 e 7 euros, respectivamente; dos vasos para a sidra (7 euros cada un) e, como novidade, de botellas de sidra fría que se poderán consumir alí ou levar para a casa.
Por último, tamén se colocarán mesas e cadeitas para usuarios preferentes, especialmente maiores e nenos. Con isto búscase que poidan ter unha mellor experiencia.
A preventa supera o obxectivo
A preventa chegou ao 40% dos vasos vendidos, superando o obxectivo que se marcaran do 30%. Isto significa que xa se venderon uns 1.600 vasos dos 4.000 dispostos.
Imaxe de portada: barra da Feira da Sidra // Concello da Estrada


Deixa unha resposta