Publicidade

Multitudinaria manifestación na Estrada durante a folga xeral

Unha manifestación convocada pola CIG percorreu este mércores as rúas da Estrada con motivo da folga xeral. A organización cifrou nun milleiro de persoas a afluencia. Entre os presentes estaban representantes da CIG, o sindicato estudantil Erguer, a comunidade educativa, os voceiros do PSOE e do BNG na Estrada, Luis López Bueno e Xoán Reices, e o candidato á Alcaldía do BNG, Marcos Borrageros.

A manifestacion transcorreu con normalidade. Nalgún punto do percorrido os participantes na protesta recibiron berros de “ide traballar”. Algún dos asistentes pegou pegatinas nas paredes. A sede do PP na Farola rematou con pegatinas de Erguer e outras nas que se le “- derechas + derechos” e aparece o logo do PP riscado.

Imaxe de portada: cabeza da manifestación // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta