Publicidade

Arquivada a declaración de impacto ambiental da gasolineira da Baiuca

O Concello da Estrada informou este mércores da resolución do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente pola que se arquiva a declaración de impacto ambiental da gasolineira que Urban Strada S.L. ía construír na Baiuca. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderían presentarse recursos.

A resolución da Xunta recolle a argumentación do Concello, na que se sinalaba a incompatibilidade co PXOM e a falta de relación entre a estación de servizo e o edifcio comercial. A cidadanía chegou a presentar 730 alegacións particulares, ás que habería que sumar as presentadas por diferentes entidades e colectivos.

Imaxe de portada: zona na que se ía instalar // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta