Publicidade

Incrementan a vixilancia na zona de Fermín Bouza Brey polo achado de xiringas

A Policía Local incrementou a vixilancia na zona do acceso posterior do colexio Pérez Viondi, no coñecido como Camiño dos Pozos, despois de que se localizasen xiringas durante dous días consecutivos. Esta zona é a que se emprega para acceder ao CEIP Pérez Viondi dende Fermín Bouza Brey.

O xefe da Policía Local, Javier García, comentou que as patrullas terán unha maior presenza nos horarios menos concorridos, tanto nos horarios de menos luz –máis acusada nestas tardes de outono e en días con meteoroloxía adversa– coma nos que baixa a circulación peonil por non ser horario de entrada ou saída dos escolares. Lembrou que o consumo de drogas en vías públicas, así como o abandono das xiringas empregadas para tal fin, están prohibidos e son actos punibles.

Imaxe de portada: unha das xiringas atopadas // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta