Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, denunciou a actuación “deficiente e chapuceira” do Ministerio de Transportes no asfaltado parcial da N-640. O nacionalista comentou que este parcheo “non responde aos grandes problemas de seguridade e deterioro que presenta esta vía”.
Asegurou que a actuación non “é un mantemento digno dunha vía principal, hai treitos nos que os parcheos feitos polo Ministerio agravan a inseguridade”. “É unha chambonada, sen falar da falta de medidas de seguridade, e demostra o abandono sistemático por parte do goberno español”, afirmou.
Amais, esixiu “un plan integral de actuacións na N-640, que inclúa non só un asfaltado de calidade en todo o percorrido, senón tamén a dotación de pasos seguros, mellora da sinalización vertical e horizontal e instalación de medidas do calmado do tráfico, especialmente na vila onde se produciron dez atropelos, dous deles mortais”.
Imaxe de portada: estado da N-640 // BNG

Deixar un comentario