O Concello de Cuntis informou de que a Policía Local identificou aos autores dunha serie de actos vandálicos contra o patrimonio e o mobiliario do municipio consistentes en pintadas e danos en diversas estruturas. Estes feitos producíronse na noite do luns ao martes.
Ademais, desde o ente municipal quixeron lembrar que estes actos teñen un custo sobre as arcas, dado que é necesario realizar labores de limpeza e reparación.
Imaxe de portada: actos vándalicos // Concello de Cuntis


Deixa unha resposta a Esnaquizan un banco en Cuntis – Xornal da Estrada Cancelar a resposta