Piscinas municipais: cronoloxía dunha reforma que se complicou

Piscinas municipais: cronoloxía dunha reforma que se complicou

Dúas semanas despois da reapertura completa das piscinas municipais, lembramos como se sucederon os eventos durante o último ano en relación á súa reforma.

  • Verán 2024: recórtase o período de apertura das piscinas municipais para acometer a reforma do vaso grande, que ten graves perdas de auga

  • Mediados de febreiro de 2025: comezan as obras na piscina.

  • 20 de maio de 2025: coñécese que o tamaño da piscina vai ser reducido á metade por problemas técnicos.

  • 25 de xuño de 2025: desvélase o motivo polo que se reduce o tamaño do vaso principal e causa das filtracións de auga existentes: estaba feito sobre unha lousa flotante.

    Ademais, anúnciase que o 1 de xullo só abrirán os vasos medianos e pequeno e que o vaso grande faráo o 15 dese mesmo mes. Neses primeiros días nos que non estará a instalación aberta por completo.

  • 1 de xullo de 2025: só abre o vaso pequeno. Un desaxuste nos niveis do mediano impediu a súa apertura, coa esperaza de poder facelo ao día seguinte.

  • 15 de xullo de 2025: A piscina grande non abre. Está comezando a encherse de auga.

  • 16 de xullo de 2025: O Concello anuncia que o vaso grande abrirá o venres. Ademais, o acceso será gratuíto toda a tempada.

  • 18 de xullo de 2025: Retrásase a apertura debido a que non se cumprían os niveis sanitarios esixidos.

  • 20 de xullo de 2025: Finalmente, o vaso grande abre as súas portas.

  • 4 de agosto de 2025: A piscina tivo un sobrecuste de 96.914 euros, ascendendo o orzamento final a 503.983 euros.

Comentarios

Unha resposta a “Piscinas municipais: cronoloxía dunha reforma que se complicou”

  1. Avatar de 2 postos de peón de brigada quedaron vacantes – Xornal da Estrada

    […] último, mencionan a reforma do vaso grande da piscina, que “xa vedes que quedaron xenial”. No caso da Praia Fluvial, “aínda peor, co […]

    Gústame

Deixar un comentario