A Feira do Moble contará cun pavillón multisectorial

A pouco máis dun mes de comezar a 37ª Feira do Moble de Galicia – celebraráse do 18 ao 21 de setembro -, a ocupación do espazo acada o 95%, sendo case medio cento as firmas que estarán presentes nela. Estas repartiránse por catro pavillóns.

A distribución dos pavillóns será a gran novidade da edición, pois só tres dos catro que se empregarán estarán destinados ao moble, quedando o restante reservado ao comercio, complementos e ás antigüidades. Neste último atoparemos pezas de época, roupa, calzado, menaxe e complementos. No exterior habilitaráse un espazo con vehículos e solucións integrais innovadoras.

A meirande parte das empresas que participarán son galegas e representan aos sectores do mobiliario, tapicería, descanso, decoración e dos electrodomésticos, entre outros.

Entrada de balde durante dous días

A entrada será de balde o xoves 18 e o venres 19. Durante as catro xornadas que durará a cita feiral o horario será ininterrumpido, dende ás 11.00 ata ás 20.00 horas. Ademais, haberá sorteos.

Comentarios

One response to “A Feira do Moble contará cun pavillón multisectorial”

  1. Avatar de As innovacións nas mesas extensibles e os apartamentos modulares turísticos chegan á Feira do Moble – Xornal da Estrada

    […] esta edición estrearáse un pavillón multisectorial no que se poderán atopar artigos tan diversos como roupa, calzado, antigüidades e vehículos, […]

    Gústame

Deixar un comentario