Dolores Barros, veciña do lugar da Louriña, na parroquia de Santa Mariña (Cuntis) celebrou este venres o seu 102 aniversario. Para celebralo, Lola – como así a coñecen – recibiu a visita do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e da concelleira Ana Loureiro, que lle entregaron unha placa.

Lola foi a maior de 12 irmáns e chegou a esta data tan sinalada cun sorriso nos beizos e rodeada do cariño dos seus seres queridos. A súa filla, DOlores, destacou o seu forte carácter e o seu espírito traballador, que a mantivo sempre activa. É ahí, comenta, onde reside o segredo da súa lonxevidade, pois “traballa e traballa, ela non para”.
“Se para, enferma”
Dolores, filla de Lola Barros
De feito, a día de hoxe segue realizando tarefas tanto na casa coma na horta, demostrando unha vitalidade e autonomía envexables.

O alcalde de Cuntis, en nome de toda a corporación, quixo subliñar o orgullo que supón para o municipio ter unha veciña coa forza e ilusión de Lola, desexándolle saúde e felicidade para moitos anos máis e agardando poder repetir a visita dentro dun ano.
Imaxe de portada: Lola Barros apaga as candeas // Concello de Cuntis


Deixa unha resposta